Novas
Plantación de carballos na Escola Infantil de Tras Parl...
Este curso na Escola Infantil Tras Parlamento sementaron carballos no seu xardín, dentro das actividades relacionadas coa natureza.
Ademais trala plantación estiveron moi atentos a ver como daquelas boliñas de madeira que puxeron na terra un día foron medrando ramas, follas… e demais elementos que lle van dando forma aos pequenos carballos.
Agora xa son grandiños así que os nenos e as súas familias están a buscar o lugar idóneo para transplantalos e que medren sen problemas de espazo.
O primeiro que comparte a súa experiencia con todos é MATEO que tal como se amosa na imaxe da nova, coida con moito agarimo e responsabilidade ao seu pequeno carballo.
Máis información sobre esta actividade na ligazón que aparece ao final desta nova.