A Xerencia do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar anuncia a
apertura do prazo para a prescrición e matrícula nas Escolas Infantís de: A
Coruña-Monte Alto, A Coruña-Parque de Eirís, Mos-Coto Torrón, Pontevedra-A
Parda, Pontevedra-Universidade, Sada, Santiago de Compostela-Tras Parlamento
e Vigo-Valadares para o vindeiro curso 2010-2011.
O prazo de preinscrición para novas/os usuarias/os é do 2 de agosto ao 10 de
setembro. As instancias recolleranse desde o día que comeza o citado prazo, nos
enderezos e horarios que aparecen no Anexo I.
As listas provisionais de admitidos/as e de agarda publicaranse o 17 de
setembro. O prazo de reclamacións é de 10 días hábiles contados desde o día
seguinte ao da súa publicación.
As listas definitivas de admitidos/as e de agarda faranse públicas o 4 de outubro.
Tanto os listados provisionais como os definitivos publicaranse no taboleiro de
anuncios dos concellos, no do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e
Benestar e na súa páxina web www.igualdadebenestar.org
O prazo de matrícula formalizarase do 5 ao 15 de outubro.
Tal e como consta no RRI das Escolas Infantís, de non formalizar a matrícula no
prazo estipulado, decaerá o dereito á praza aínda tendo reserva ou aparecendo
na listaxe de admitidos/as.
Resolución