Matriculación
Dende o 21 de febreiro, está aberto o prazo para solicitar praza nas escolas infantís da Rede Galiña Azul, 121 do Consorcio e outras 25 xestionadas pola Consellería de Traballo e Benestar. O Diario Oficial de Galicia publicou o 20 de febreiro os requisitos e procedementos para solicitar as prazas. A resolución cos prazos e o lugar de presentación das instancias poderá consultarse a través deste portal www.escolasinfantís.net ou no propio centro onde se queira matricular ao neno ou nena.
Segundo se sinala no devandito anuncio do DOG, o prazo para a presentación de solicitudes de renovación de praza ou de novo ingreso será dende o 21 de febreiro ata o 20 de marzo, as listas provisionais de admitidos publicaranse o día 2 de maio e as listas definitivas, o día 27 de maio. O prazo para formalizar a matrícula dos nenos e nenas admitidos será dende o 28 de maio ata o 12 de xuño.
Existen dúas vías de solicitude de prazas diferenciadas:
As resolucións de inicio do prazo de preinscripción e matrícula e a documentación anexa pode consultarse nas seguintes ligazóns:
O procedemento telemático de solicitude de praza realízase a través desta ligazón e só é aplicable ás escolas infantís dependentes da Consellería de Traballo e Benestar: