RSS é un formato de arquivos que permite a sindicación de contidos de páxinas web. As súas siglas responden a Really Simple Syndication.
A sindicación permite a consulta do resumo dos contidos dun sitio web sen necesidade de acceder a este. Para acceder a esta información, é preciso un programa de lectura específico, que pode ser unha aplicación web ou local instalada no ordenador do usuario, e que funciona de maneira semellante a un programa de correo electrónico, consultando con determinada periodicidade os enderezos dos RSS para amosar a última versión dispoñíbel do arquivo.
Actualmente, o portal EscolasInfantis.net, sindica as novas publicadas. Os usuarios e usuarias do sistema poden elixir suscribirse á canle de novas principal e/ou ás canles concretas de cada centro ao que estean asociados/as. As últimas versións de navegadores como o Firefox e o Internet Explorer permiten a subscrición a canles RSS. É posíbel tamén empregar "lectores de feeds", ou ferramentas específicas dispoñibles na rede como Bloglines ou Netvives.
[B= Bloglines || G= Google || Y= My Yahoo! || M= MyMSN || N= Netvives ]